CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS DA FIN DE SEMANA: 1/2/3 – Novembro – 2013

SEGUNDA AUTONÓMICA: UD Cebarca – CD As Pontes (0-3)
Vitoria do segundo equipo pontés na Barqueira ante o Cebarca (0-3) no encontro xogado este domingo no Bernardino Breijo ante un cento de espectadores aproximadamente. O equipo pontés dominou todo o encontro pero no primeiro tempo viuse prexudicado polo vento en contra e o equipo local defendíase ben ata que ó borde do descanso o cadro local quedou cun xogador menos por expulsión do seu lateral dereito, irmán do dianteiro azul Javi Álvarez. O mesmo xogador, ó que lle anularon un gol no primeiro tempo, adiantou ó As Pontes nada máis comezar o segundo (46´), marcador que ampliaron Samuel (70´), tras aproveitar un rexeite e Borja de penalti cometido sobre el mesmo (75´).
Xogaron polo As Pontes: Ivan (Cris, 85), Darío (Rubén, 75), Nando, Totti, Carlos, Juan, Javi (Dani, 70) , Borja , Adrián (Sergio, 68), Vicente e Samuel ( Marcos Novo, 75).
Aproveitan a derrota do ata agora líder A Capela diante do Ánimas (2-4) e do Caranza en Narahío (3-1) para erguerse ó alto da táboa con 14 puntos antes de recibir ó colista Bertón, un punto por diante de Cedeira e A Capela e dous por riba de Neda e Caranza.
biberons


LIGA GALEGA XUVENIL: CD As Pontes – R.C. Vilalbés (2-3)
Derrota comprometedora do Xuvenil ante un rival directo, que ademais se veu acompañada da vitoria do Lugo B, e a segunda consecutiva do ex colista Imperátor, o que sitúa ós de Felipe Mieres no borde do abismo, terceiros pola cola con seis puntos, so por diante de Betanzos (3) e Fátima (2). Aínda así teñen que dar grazas ó ceo que de momento so hai dous descensos, o ano pasado houbo seis.
Por riba perderon no derbi contra o Vilalbés (2-3). Adiantáronse os azuis por medio de Antonio que marca tras recibir un pase de Iván, o mesmo xogador mandou un balón ó longueiro, e xa no borde do descanso chegaron outros dous goles, o empate, lanzase unha falta lateral, escasa contundencia defensiva e o balón non se sabe si entra ou o chega a despexar un defensa azul. Os locais reclamaron pero ó final o tanto subiu ó marcador. Pero inmediatamente respondeu o As Pontes con outra falta lateral na que Marcos marca de cabeza adiantándose á saída do porteiro establecendo o 2-1 co que se vai ó descanso.
No segundo tempo houbo un momento clave que marcou a diferenza, o minuto 54´, tras un despiste defensivo queda so Antonio, o máis incisivo dos locais, e saca o porteiro coa perna o seu disparo, acto seguido xogada do Vilalbés, o balón chega a Javi que cun zapatazo dende fóra da área sitúa o empate. Do posible 3-1 ó 2-2. Outra boa xogada dos lucenses, de libro, vaise o extremo por banda dereita, centra a área e un xogador chegando so e libre de marca so ten que empurrar o balón e establece o 2-3 (65´). Estaban trenzando moi ben arriba, sobre todo Javi e Villares, e incluso marcaron un gol máis os da terra do capón, anulado, por un dubidoso fora de xogo (78´). Compensouse a xogada da primeira metade con esta. A ocasión máis clara que tivo o As Pontes para empatar foi outra vez un tiro cruzado de Antonio que marchou por pouco (71´).
Non acaba de collerlle o pulso á categoría este novo equipo xuvenil que ten outra final este vindeiro sábado ante o Victoria B para tentar alcanzar a Imperator e Lugo B con 7 puntos e Ural e Vilalbés que teñen 9. Xogaron Ángel, Caínzos (Nahúm 73´), Jandro, Moi, Marcos, Esteban, Diego (Salido 86´), Iván (Alex Cabarcos 86´), Antonio, Rivas, Brais (Tiny 63´).
LIGA FEMININA F8: Cultural Maniños – CD As Pontes (4-1)
Derrota do As Pontes feminino ante o cuarto clasificado, a Cultural Maniños (4-1). Seguen na sétima praza con 10 puntos á espera de recibir ó Santa Mariña, que vai un posto por riba.
COPA CADETE: Meirás CF – CD As Pontes (3-0)
Derrota do cadete en Valdoviño ante o Meirás 3-0. Os verdes séguenlle disputando o Ánimas a praza para a final de Copa, mentres os azuis van sextos con sete puntos descansan antes de afrontar a tres últimas xornadas.
COPA INFANTIL: CD As Pontes – SD O Val (2-1)
Sufrida e traballada vitoria do infantil ante un rival directo, O Val, por 2-1, tantos de Diego Criado e Alejandro, o que aínda os mantén con vida no seu intento de clasificar á final de Copa. O Racing de Ferrol B segue sen ceder e este sábado venceu 10-2 ó Ortigueira, co cal os verdes seguen líderes con 27 puntos e un partido máis, seguidos de Portuarios e As Pontes con 21, e O Val e San Pedro con 18. Quedan catro xornadas e o As Pontes necesita vencer ó Narón BP B a domicilio na seguinte para seguir na poxa.
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F8 (1ª Fase)
CD As Pontes – R. San Pedro (6-3)
R. San Pedro B – CD As Pontes B (5-1)
Moi ben o Alevín A que gañou 6-3 ó San Pedro, tantos de Xoel e Xan, por partida dobre, Nono e Vicente, co cal segue na segunda posición con 19 puntos empatado co líder Amistade de Meirás, antes de visitar ó Galicia de Mugardos, sexto. O Alevín B pola súa banda perdeu 5-1 co San Pedro B, e recibirá ó San Sadurniño, sexto, para intentar sumar o seu primeiro punto.
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F8 (1ª Fase)
CD As Pontes – R. Ferrol (0-3)
R. Ferrol C – CD As Pontes B (2-6)
O Benxamín A perdeu 0-3 co R. Ferrol B, co que baixa á oitava posición, con nove puntos, antes de visitar ó Caranza D, un posto por detrás e seis puntos menos. Pola súa banda o Benxamín B gañou 2-6 ó R. Ferrol C, con goles de Alex (3), Diego Purriños (2) e Isma, e escala á cuarta praza con 12 puntos antes de recibir ó líder Galicia Caranza B.
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F8 (1ª Fase)
SD R. Neda – CD As Pontes (3-4)
CD As Pontes B – R. Ferrol (0-11)
O Prebenxamín A venceu 3-4 en Neda ante o Rápido. Segundo con 18 puntos, so tres por debaixo do invicto R. Ferrol, reciben ó R. Ferrol C, noveno. O Prebenxamín B perdeu 0-11 co líder R. Ferrol. Nada que facer ante o vendaval verde, e a semana que vén complicada visita ó Val que marcha terceiro con 16 puntos.
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
AMIGABLE DE CATEGORÍA BIBERÓN
CD As Pontes – Gª Mugardos (0-3)
Noutro amigable en categoría biberón o As Pontes caeu no Poboado diante do Galicia de Mugardos. Houbo empate no primeiro cuarto, pero nos tres restantes impúxose o cadro mugardés.
biberons
biberons
biberons
biberons
biberons
biberons
biberons
biberons
biberons
biberons
biberons
biberons
biberons
biberons
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios