LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2013/14: Farmavida e Bar Xardín non ceden na súa loita pola primeira praza

Farmavida e Bar Xardín seguen na súa loita particular pola primeira praza do campionato de liga de fútbol de veteranos de As Pontes, aínda que os farmacéuticos teñen un partido menos, o que descansaron na terceira xornada. Farmavida venceu con claridade a Maren por 4-1 e Bar Xardín impúxose a La Galaxia por 3-0. Quen parece estar en boa racha é o conxunto de Mesón A Cepa, que nesta xornada venceu a As Pontes 74 por 2-1. No encontro entre colistas, MMYPEM e Xuntanza, rexistrouse empate a ceros.
Comparten a primeira posición, con doce puntos, Farmavida e Bar Xardín. A cinco puntos están A Cepa, As Pontes 74 e Galaxia. Mobles Eume, que descansou esta xornada, ten cinco puntos, seguido de Maren, con 3; MMYPEM, con 2, e pecha a clasificación Xuntanza, cun punto, o acadado nesta quinta xornada.
Javi, de Farmavida, encabeza a clasificación dos goleadores con seis tantos, seguido de Carlos Piñón (Maren), Julio (As Pontes 74) e Lozano (Bar Xardín) con catro tantos cada un.
RESULTADOS 5ª XORNADA 2/3 – Novembro – 2013
Xuntanza – MMYPEM (0-0)
La Galaxia – Bar Xardín (0-3) Lozano, Javi e Felipe Mieres
Maren – Farmavida (1-4) Carlos Piñón / Salido (2), Pita e Manolo
A Cepa – As Pontes 74 (2-1) Fran Pena (pm) e Lolo / Julio Fraga
Descansou: Mobles Eume
veteranos


6ª XORNADA 9/10 – Novembro – 2013
Maren – Xuntanza (Sáb. 9, 20,00h)
Bar Xardín – A Cepa (Dom. 10, 10,00h)
MMYPEM – La Galaxia (Dom. 10, 11,00h)
Farmavida – Mobles Eume (Dom. 10, 12,00h)
Descansa: As Pontes 74
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios