Amigus
As Pontes

BON DEBUT DE PADEL EUME NA TERCEIRA GALEGA

Escomezaban os ponteses a liga Rías Baixas contra un rival que xa levaba varios anos na terceira galega, o Clube de Padel Redes B, a priori difícil saida para os nosos, pistas de muro algo o que os xogadores ponteses lles era novo, xogo mais lento do habitual e forzas igualadas.
Entraban en xogo nas duas pistas de redes, Fernando Caaveiro/Daniel Pena e Pachi Dópico /David Lake.
Os primeiros baseandose nun xogo moi solido sen apenas fallos poñíanse rápidamente enriba endosandolle os rivales un claro 6/1, o segundo set transcorreu cos mesmos derroteiros e cerraban o primeiro punto con outro claro 6/2.
Na pista contigua o partido escomenzaba mais igualado, con puntos largos e competidos pero que co vo facer dun solido dopico e un inspirado Lake (la leyenda) facian terra de por medio e impoñianse por 6/3 , no segundo set os de redes cargaron o xogo contra Lake, o cal sacaba o repertorio de golpes (a gadaña ) saindo de forma airosa dos ataques rivais , levando o peso do set cómodamente 6/4. Gran partido de lake ( la leyenda) ven acompañado por Dópico como fiel escudeiro.
padel_1.jpg


De seguido entraban en pista Santi Franco e Pedro López , partido contra rivais con moita experiencia en muro e asi o demostraron no primeiro set donde se poden contar cos dedos dunha man os fallos dos locais , endosando un claro 6/0 os nosos, lonxe de darse por vencidos os ponteses tiraron de casta e puxeronse 3/0 nun abrir e cerrar de ollos pero pouco durou a alegría , empate no marcador 3/3 e todo por decidir partido largo cansino, trabado con moitos globos sen puntos definitivos co cal o cansancio pasaría factura a nosa parella , ainda asi dispuxeron de un 5/4 e saque que non aproveitaron , decidiuse o segundo set no tie break que levaron cómodamente uns curtidos xogadores de redes 7/6 e a eliminatoria poñiase 1/2 a favor pontesa.
Dani López e Xalo Maira tiñan un partido duro contra unha parella rápida e contundente nos seus golpes, o partido viña marcado por un proceso vírico estomacal de López o cal pegado o seu chándal minimizaría o máximo os seus movementos ven secundado por Xalo. O primeiro set parecía encauzado con un 5/4 e 15-40 pero os ponteses non souberon aproveitar ningunha das duas bolas e fallaban 4 consecutivas, dende ese momento entraron en barrena e foron continuos erros que os levaron a perder por 7/5 o primeiro set. Con un segundo set moi igualado souperon manter a calma e facerse co mesmo 6/4 , todo se decidiría no terceiro a prova de infarto, os nosos desplegando o seu mellor xogo case sen fisuras non deron opción os de redes e levarono por un cómodo 6/2 con este enfrontamento xa quedaba decidida a contenta para Padel Eume.
Xa con todo decidido entraban en xogo unha das parellas mais compenetradas do noso equipo como asi levan demostrando torneo tras torneo este verán, Angelito Cañizares e Marquiños Fdez. entraron enchufadísimos no partido e endosaron un 6/0 os contrarios, o segundo set xa un pouco mais relaxados levabano por un igualado 7/5.
A vindeira semana os ponteses reciben a un dos favoritos da categoría, o Clube de Padel Ortigueira un clásico na terceira categoría das Rias Altas, asi mesmo debut as 12 da mañan do segundo equipo de Padel Eume que presenta un cadro moi igualado mezcla de xogadores noveles e esperimentados con moitas ganas de facer unha boa campaña .
Sorte os dous equipos.
padel_2.jpg
padel_3.jpg
padel_4.jpg
Nova cortesía de Fernando Caaveiro

También podría gustarte
Comentarios