BORJA PRIETO CONVOCADO PARA OS EUROPEOS DE PIRAGUISMO

Unha gran alegría a que nos deu esta semana o bo deportista pontés Borja Prieto Valera, quen entrou definitivamente na convocatoria da selección española de cara ós Europeos que terán lugar na localidade alemana de Brandenburgo, do 11 ó 13 de Xullo.
Esta será a competición da que tomará parte, posteriormente tamén se celebrará o Mundial na capital moscovita, e terá lugar do 6 ó 10 de Agosto.
Formará parte do K2 500 metros xunto ó Campión Olímpico e catro veces Campión do Mundo Carlos Pérez Rial “Perucho”, que ó marxe deste brillante palmarés, a semana pasada deu mostra da súa gran valía persoal ó competir apenas uns días despois do falecemento da súa nai.
Este será o séptimo Europeo Absoluto no que estará presente Borja, no que destaca sobremaneira o bronce nos relevos precisamente na mesma localidade alemana hai cinco anos.
Xa estivo tamén en seis Mundiais, co mellor logro do cuarto posto en K4 200 en Dartmouth (Canadá), tamén en 2009.
Hai que sumarlle o Europeo Junior Francia 2000 e o Europeo sub23 Polonia 2004 onde foi medalla de ouro xunto a Saúl Craviotto. Tamén participou nos Xogos do Mediterráneo de Almería 2005 e Pescara 2009.
Moito ánimo a Borja e Perucho neste mes e medio de preparación.
borja.jpg


Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios