Amigus
As Pontes

As TIC en Galicia seguen a medrar por debaixo da media estatal, segundo AETIC

Lendo codigocero.com:
“Segundo un estudo de recente aparición, elaborado pola Asociación de Empresas de Electrónica e TIC de España (AETIC) e o Ministerio de Industria sobre o sector tecnolóxico España en 2003, o desenvolvemento da Sociedade da Información en Galicia medra por debaixo da media nacional. En contraste cos datos globais, nos que se ve que no conxunto español o sector das TIC evolucionou dende un crecemento negativo dun 7,45% a un modesto 1,1% en 2003, os datos referentes a Galicia indican que a situación no noso país empeorou.”…


…”Os mercados e actividades investigados neste estudo e que conforman o eido das novas tecnoloxías, correspóndense cos seguintes produtos e servizos relacionados coa actividade informática e que proveñen do proceso de liberalización de mercados no sector das telecomunicacións: hardware, software, servizos informáticos, servizos de telecomunicacións e consumibles.
Non se produciron grandes variacións na concentración de sedes de empresas no sector das TIC por comunidades autónomas sendo as cifras correspondentes a Galicia dun 2,2%. Estas cifras correspóndense exactamente co tamaño do mercado interior neto de informática en Galicia, verificándose deste modo a tese de que existe un enorme paralelismo entre a concentración de empresas e o tamaño dos mercados abastecidos.
Ó igual que en Cataluña, Madrid, País Vasco e Navarra, Galicia crece por debaixo da media nacional e obtén resultados negativos no que se refire ó desenvolvemento do Mercado Interior Neto de Informática. Os datos relativos ó ano 2002 indican que en Galicia alcanzáronse no sector os 189,66 millóns de euros, pasando a ser 188,94 millóns no 2003. As cifras indican que en Galicia o sector medrou un – 0,4% en contraste co crecemento estatal dun 0,7%.”
Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios