Amigus
As Pontes

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 18-19-20 / MARZO / 2016

Mala xornada na que o As Pontes queda a cinco puntos dos postos de arrastre, tendo que visitar ó líder Boiro, aínda que debe agradecer as derrotas caseiras de Ribadumia e Ordes.

Mala xornada na que o As Pontes queda a cinco puntos dos postos de arrastre, tendo que visitar ó líder Boiro, aínda que debe agradecer as derrotas caseiras de Ribadumia e Ordes. Do lado positivo, o cadete sácalle dous puntos ó Portuarios, gaña o equipo feminino e xuvenil, e o Benxamín A afianza o liderado.

SEGUNDA AUTONÓMICA GALEGA (Ferrol)
CD AS PONTES “B” – CULTURAL MANIÑOS SD (0-5)

Arrasou o líder Maniños na súa visita ó segundo equipo pontés (0-5), con tantos de Yerai, Daniel, Diego (2) e Ignacio. Os de Fene seguen líderes con 43 puntos por 16 dos azuis, novenos, que visitan ó Ortigueira, undécimo e antepenúltimo con 8. Xogaron Cristian, Gonza, Manu, Darío, Jandro, Totti, Criado, Juan, Marcos, Pablo, Rubén, saíndo despois Lucho, Diego, e Alejandro.

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
CD NARÓN – CD AS PONTES (0-1)

Moi bo triunfo do feminino en Narón (0-1). Mantéñense sextas con 47 puntos antes de visitar ó Rápido de Neda, oitavo.
Xogaron Leti, Yolanda, Uxía, Nuria, Indira, Noelia Ameneiro, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yaiza e Alba.

Un solitario tanto de Yaiza, o sexto da tempada, no primeiro tempo, deu os tres puntos.

PRIMEIRA GALEGA XUVENIL (D. Ferrol)
SD ÁNIMAS – CD AS PONTES (2-3)

Sufrida vitoria do xuvenil na casa do décimo clasificado Ánimas, 2-3, co que os de Felipe Mieres suman 35 puntos, por 39 de Numancia e 37 de Portuarios. Na vindeira xornada reciben ó Cedeira, sexto.

Xogaron Lino, Iago, Jorge Rodríguez, Alex Cabarcos, Alex Blanco, Brais Blanco, Xose, Iván, Ayrton, Casas, Andrés e despois Antón, Manuel, Nahúm, Jandro e Rey.

Marcaron Andrés, Alex Blanco e Xose, pero dous goles preto do final de Rubén, fixeron perigar os tres puntos.

PRIMEIRA GALEGA CADETE (D. Ferrol)
CD AS PONTES – SDR NUMANCIA DE ARES (4-1)

Boas novas do Cadete, que gañou 4-1 ó Numancia, pero sobre todo, empatou o Portuarios ante o R. San Pedro (1-1), co que os de Iván Rodríguez se sitúan líderes con 44 puntos por 42 dos ferroláns, tendo unha compricada saída ante o CD Narón B, cuarto.

Xogaron Andrei, Cazás, David, Sergio, Bruno, Pani, Carlos, Javi, Chema, Alberte e Mateo, xogando despois Germán, Alex Barro, Alex López, Diego e Manuel.

Adiantáronse os visitantes pero os goles de Cazás e Carlos antes do descanso e os posteriores de Javi e David deron os tres puntos.

PRIMEIRA AUTONÓMICA INFANTIL (D. Ferrol)
CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO (0-7)

Dado que esta semana non había competición, o infantil xogou este sábado o partido correspondente á decimosétima e penúltima xornada, perdendo 0-7 contra o líder Eume, que afianza o seu liderado con 40 puntos, trece triunfos por un empate, e case sentencia a Liga pois o Amistade de Meirás, segundo, ten 28. Xogaron Juan, Nono, Eyob, Santi, Antonio, Dani, Adrián, Joan, Vicente, Xan, Eloy e despois Xavi, Mohamed, Iván, Alejandro e Edgar. Os de Pontedeume adiantáronse no primeiro tempo con gol de Pablo e xa no segundo golearon con catro tantos de Adrián e dous de Borja. Oitavos os azuis con 9 puntos, visitarán ó Perlío, colista con 5.

PRIMEIRA CATEGORÍA ALEVÍN (D. Ferrol)
CCRD PERLÍO “B” – CD AS PONTES (1-4)
CD AS PONTES “B” – CD SAN SADURNIÑO (3-3)

Vitoria do Alevín A 1-4 ante o Perlío B. Seguen terceiros con 24 puntos, a un de Perlío e catro de Eume. Dous goles de Xoel Purriños, un de Samuel Seco e outro en propia meta. Reciben ó Cedeira, sexto. Paso atrás do Alevín B, que empatou na casa 3-3 co San Sadurniño, sétimo clasificado, desaproveitando un 2-0 e 3-1, e descólgase ata a terceira praza, pois os seus rivais Neda (30) e Eume B (28) non fallaron. Con 26 visitan ó Libunca, noveno. Goles de Diego Purriños (2) e Alex Montero.

PRIMEIRA CATEGORÍA BENXAMÍN (D. Ferrol)
CD AS PONTES – SCDR GALICIA DE CARANZA (2-1)
O FREIXO NARÓN “B” – CD AS PONTES “B” (1-4)

Gran triunfo do Benxamín A 2-1 ante o Galicia de Caranza, tantos de Anxo Blanco e Carlos Villasuso case no final. Son líderes con 31 puntos, por 28 de O Val C e 27 dos ferroláns. Precisamente terán un encontro clave de cara ó título, pois visitan o campo de Sinde a vindeira xornada. O Benxamín B gañou 1-4 ó Narón O Freixo B, poñéndose quinto con 16 puntos. Dous goles de Destaw Pellón, e un de Diego Lozano e Sergio Vázquez. Reciben ó colista Eume B.

PRIMEIRA CATEGORÍA PREBENXAMÍN (D. Ferrol)
CD AS PONTES – SCDR GALICIA DE CARANZA “C” (2-0)
SD O VAL “B” – CD AS PONTES “B” (2-6)

Bo triunfo do Prebenxamín A, 2-0, ante o Caranza C, Diego Solano e Xalo González, co que se manteñen terceiros no grupo dos mellores con 23 puntos. Próxima partido ante o líder Neda (32), que xa gañou os tres enfrontamentos anteriores nesta tempada. Vitoria do Prebenxamín B 2-6 ante O Val B. Son terceiros con 32 puntos, antes de recibir ó Ánimas B, segundo con 33, lonxe dos 39 do Barallobre. Goles de Lucas Blanco, Nacho Villasuso, Xalo Cebreiro, Íker Ares, Alex Basanta e un en propia meta.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios