Participación do Club de Vela Fluvial As Pontes no 53º campeonato de España da clase vaurien
O Club de Vela Fluvial As Pontes desplaza a esta cita duas tripulacións, Chucho Suárez/Rosalía Paredes e Miguel Ferreiro/Yolanda Chao.
O 53º Campeonato de España da Clase Internacional Vaurien, organizado polo Club Náutico Rodeira, comeza hoxe xoves en Cangas do Morrazo ata o 27 de marzo coa participación de 31 embarcacións. O Club de Vela Fluvial As Pontes desplaza a esta cita duas tripulacións, Chucho Suárez/Rosalía Paredes e Miguel Ferreiro/Yolanda Chao.
Entre os regatistas participantes haberá representantes de Valencia, Madrid, Castilla León, Extremadura, Portugal e Italia, ainda que con un peso especialmente importante para la flota galega.
Este campeonato nacional cobra especial importancia posto que é a última proba da tempada puntuable para formar parte da selección española que tomará parte no Campeonato do Mundo da clase Vaurien, que este ano se disputará do 23 ó 30 xullo na localidade lusa de Viana do Castelo. A tripulación pontesa Chucho Suárez/Rosalía Paredes conta nestos intres con importantes posibilidades para colarse entre os elixidos que representarán a España no Mundial 2016, ainda que para elo terán que disputalo a todo ou nada neste campeonato contra os mellores regatistas da clase.
A primeira proba disputarase hoxe xoves a partires das 14 horas, mentras que os días posteriores as saídas serán a partir das 11 horas, estando o campo de regatas na extraordinaria Ría de Vigo e situado enfrente de la factoría de Massó.