Amigus
As Pontes

O ESTEO FUTBOL SALA

A un horario pouco habitual, o Esteo recibe este venres, 1 de abril, ó Xove FS, encontro que comeza ás nove e media da noite no pavillón da Fraga.

A un horario pouco habitual, o Esteo recibe este venres, 1 de abril, ó Xove FS, encontro que comeza ás nove e media da noite no pavillón da Fraga.

O conxunto pontés, despois de catro xornadas seguidas sumando puntos, está atravesando un mal momento de resultados con dúas derrotas consecutivas, contra Ventorrillo (2-5) e Cistierna (8-3), equipos da súa liga particular e que tamén están intentando conservar a categoría. Dúas derrotas que o baixaron á décimo segunda praza a só un punto dos teóricos descensos de categoría, que ocupa precisamente o Cistierna cun punto menos.

O rival deste venres, Xove FS, está na décima posición con 30 puntos, catro máis có Esteo, que é décimo segundo. Esta é a terceira vez que os dous conxuntos se enfrontan no pavillón da Fraga. Nas dúas anteriores, en 3ª División, foron vitorias do Esteo (2-1 en 2011/12 e 4-3 na seguinte). Na primeira volta, no municipal de Xove, vitoria local por 5-2.

SEGUNDA DIVISIÓN “B” FÚTBOL SALA (25ª)

O ESTEO F.S. – S.D. XOVE F.S.
Venres 1 – Abril – 2016 (21,30 h)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios