ESTE VENRES 1 DE ABRIL CELÉBRASE NAS PONTES O RECITAL POÉTICO DE PRIMAVERA A CARGO DO GRUPO ALALÁ

Helena Villar Janeiro, escritora nada na vila luguesa de Becerreá, será a convidada deste recital.

Este venres 1 de abril terá lugar na Casa Dopeso o tradicional recital de primavera que organiza o Grupo Poético Alalá. Helena Villar Janeiro, escritora nada na vila luguesa de Becerreá, será a convidada deste recital. Helena Villar Janeiro é unha coñecida escritora galega, que se adicou ó ensino en Compostela, destaca polas súas obras de poesía infantil e xuvenil, narrativa e ensaio.

O acto, que é de entrada gratuíta, comezará ás nove do serán (21,00). Nel intervirán Ofelia López, Gloria David, Aníbal Ánxel, Santi del Moral e Maricarmen Freire, integrantes do Grupo Poético Alalá. A música será dos alumnos do Conservatorio de As Pontes, dirixidos por Xosé Manuel Campello.

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios