LESNEVEN: VOLTA DO GRUPO DE PONTESES
Dez días despois da partida, o grupo de ponteses que participaron no intercambio deste ano chegou o domingo ás Pontes.

escribe: xosealberte.com
fotografia: hugoarias.com
O venres estivo adicado ás despedidas das familias e os amigos, e a unha festa no local Le Capri, no centro da vila bretona. Ao evento, no que se intercambiaron regalos entre os responsables das dúas asociacións de intercambio, tamén acodiu Irene, unha muller de 93 anos que fora galardoada había uns días pola súa participación na Resistencia durante a II Guerra Mundial. Algúns xoves e maiores acodiron, pasada a media noite, ao mesmo pub para seguir a festa e coñecer a escasa movida nocturna de Lesneven.
Durante a viaxe de volta, que se iniciou na mañá do sábado, os vinteseis viaxeiros percorreron uns mil cincocentos quilómetros, e á metade do camiño pasaron a noite nun hotel da localidade guipuscoana de Oiartzun, coma é habitual.
Durante a xornada do domingo, visitaron a cidade cántabra de Santander e pararon a xantar na vila asturiana de Arriondas. Cun pequeno retraso sobre a hora programada, chegaron ás Pontes ao serán. A viaxe remataba co recibimento dos familiares que agardaban aos participantes no intercambio entre as vilas irmás.





































