Amigus
As Pontes

Victoria dos k2 junior e cadete do Xuvenil no L Descenso do Sil

O pasado sábado día 10 celebrouse entre as localidades de Sobradelo e O Barco de Valdeorras a 50ª edición do Descenso do Sil na que os padexeiros ponteses volveron con dúas victorias no k2 cadete formado por Manuel Alén e Manuel Ferández e en K2 junior, con Carlos Durán e Martín García. Ademáis o José Antonio Menéndez subiu ao terceriro posto do podium na categoría k1 veterano.

O club acadou unha meritoria 7ª posición na clasificación xeral ao sumar aos citados os 9º e 10º posto de Xosé Guerreiro e Miguel Domínguez en k1 junior (este despois dunha rotura do timón cando estaba en 3ª posición), a 21ª posición de David Tonislavov en k1 senior e os 9º e 13º posto de Ernesto Gancedo e José Ferreira en k1 veterano. O equipo home junior ademáis fíxose coa 2ª posición da súa categoría de idade o que os deixa cuartos na Liga Galega a só 15 puntos dos catoirenses das Torres-Romería Vikinga a falta tan so de disputarse a Travesía de Foz o vindeiro sábado.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes

También podría gustarte
Comentarios