GaliciaBanner trae ás empresas do noso país innovadoras ferramentas de xestión de publicidade en liña
Lendo codigocero.com:
“A firma GaliciaBanner vén de asinar un acordo con Doubleclick para a utilización da súa tecnoloxía DART no que se refire a xestión das campañas dos seus clientes e dos seus soportes. Cómpre lembrar que Doubleclick é unha empresa provedora de tecnoloxía de publicidade en Internet, con máis de 2.000 clientes en todo o mundo. En virtude deste convenio, a empresa GaliciaBanner (a única axencia de medios en liña do noso país), adquire a ‘tecnoloxía líder no marco internacional da publicidade dixital’, segundo se di nun comunicado.”…
Fonte: codigocero.com