Amigus
As Pontes

Xunta de Galicia: Declaración Institucional con motivo do Día de Internet

A innovación tecnolóxica ten un papel chave á hora de mellorar o desenvolvemento económico, facilitar a inclusión social e permitir unha mellor protección do medio ambiente.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Por iso, este ano o Día de Internet pon de relevo a contribución da tecnoloxía para acelerar a consecución dos 17 Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, que Nacións Unidas presentou en 2015 para construír un mundo mellor.

En liña con este obxectivo a Xunta vén de lanzar o proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030 para contribuír a un desenvolvemento sostible da Comunidade tanto a nivel económico, como social e medioambiental.

Con esta nova folla de ruta para a vindeira década o Goberno galego reafirma o compromiso e aposta polo tecnoloxía adquirido en 2009, e que se foi renovando e reforzando cos diferentes obxectivos marcados nas dúas Axendas Dixitais de Galicia.

Nun primeiro momento a meta para o ano 2014 era integrar as tecnoloxías da información en todos os ámbitos, acurtar a fenda dixital con Europa e co conxunto do Estado e sentar as bases da dixitalización dos servizos públicos e dos diferentes sectores produtivos. Tras este período, os avances da transformación dixital marcaron un novo obxectivo para o 2020: articular un modelo de crecemento vinculado á economía dixital que contribuíse á resolución dos desafíos aos que se enfronta Galicia en todas as áreas de desenvolvemento.

Os proxectos tractores impulsados desde a Administración autonómica, en colaboración co sector tecnolóxico, e o esforzo da sociedade galega para adaptarse aos cambios conseguiron que esteamos a cumprir boa parte dos obxectivos marcados.

Agora toca definir a estratexia para o horizonte 2030, nun momento no que a transformación dixital xa non consiste en adaptarse aos cambios, senón en xerar o cambio aproveitando o potencial da tecnoloxía.

E Galicia quere posicionarse e aproveitar as tecnoloxías dixitais como a intelixencia artificial, as redes de altas prestacións, a Internet das cousas, a intelixencia do dato ou a ciberseguridade… para conseguir uns sectores produtivos máis competitivos que poidan facer fronte aos desafíos da globalización; ofrecer solucións as necesidades derivadas do reto demográfico; contribuír a un desenvolvemento máis sostible que protexa o medio ambiente; fomentar a capacitación dixital das persoas para que poidan facer fronte aos retos laborais e sociais derivados da transformación dixital.

En 2009 asumimos que o futuro sería dixital. Unha década despois asumimos novas metas, novos obxectivos mantendo o fin último de que a tecnoloxía contribúa a mellorar a calidade de vida dos galegos.

Fonte Xunta

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios