A Lei do Voluntariado incorpora os dereitos das persoas que se benefician dunha acción solidaria
Lendo codigocero.com:
“O presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, foi o encargado de inaugurar oficialmente a Conferencia Internacional de Voluntariado e Novas Tecnoloxías no Palacio de Congresos de Santiago. No transcurso do acto de apertura deste encontro organizado pola Xunta, aproveitou para facer referencia á nova Lei do Voluntariado, que recolle, como principal novidade, os dereitos das persoas que benefician dunha acción voluntaria. Este novo regulamento, que se atopa en trámite parlamentario, foi redactado contando coa participación das entidades vinculadas ó mundo da solidariedade en Galicia, sinalou o presidente da Xunta.”…
Fonte: codigocero.com