CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 16-17 / DECEMBRO /2016
Na derradeira xornada do ano, importantísimo triunfo do primeiro equipo antes de rematar a primeira volta, o segundo da campaña, o que lle da algún tipo de esperanza de cara á salvación. Tamén gañaron o Xuvenil, Infantil, Alevín A, Benxamín A e os dous Prebenxamíns.
Na derradeira xornada do ano, importantísimo triunfo do primeiro equipo antes de rematar a primeira volta, o segundo da campaña, o que lle da algún tipo de esperanza de cara á salvación. Tamén gañaron o Xuvenil, Infantil, Alevín A, Benxamín A e os dous Prebenxamíns.
LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
GALICIA DE CARANZA – CD AS PONTES (0-0)
O feminino empatou 0-0 na súa visita a Caranza, onde xogaba co que era quinto clasificado. Rematan o ano na terceira posición, con 35 puntos, a catro de O Val B e a oito do Maniños. No inicio do 2017 recibirán ó Rápido de Neda, noveno, no que será o remate da primeira volta. Xogaron Leti, Yoli, Uxía, Nuria, Indira, Noelia Ameneiro, Noelia Santalla, Xeila, Paula Castro, Carlota, Carolina Rodríguez e Yara.
1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD CARIÑO – CD AS PONTES (0-6)
O Xuvenil gañou 0-6 en Cariño, tantos de Manuel Romero (2), Alex Barro, Andrés, Casas e Iago. Os de Felipe Mieres son líderes con 13 puntos, seguidos de Eume e Meirás, que teñen 12. Descansan na primeira xornada do ano novo e na seguinte reciben ao Galicia de Mugardos, quinto. Xogaron Lino, Fraga, Alex Barro, Bruno, Unai, Pita, Iago, Jaime, Cazás, Casas, Josiño, entrando despois Manuel Romero, Derick Sakpa e o cadete Antonio Carballeira.
1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – CULTURAL MANIÑOS SD (2-3)
O Cadete perdeu 2-3 ante a Cultural Maniños, despois de ir gañando 2-0, ambos tantos de Vicente, pero un gol de Caio antes do descanso, e dous de Víctor no segundo tempo, deronlle ós de Fene o que é o seu terceiro triunfo no que vai de tempada. Décimos con 4 puntos, visitan ó líder con pleno de triunfos Ánimas, no comezo do 2017. Xogaron Juan, Eyob, Xavi, Santi, Nono, Antón Paz, Joan, Xoel, Vicente, Xan e Jose, entrando despois Adrián, Azoin, Jorge e Brais
1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – SD O VAL B (2-0)
O Infantil gañou 2-0 ante O Val B no que foi o seu estreo no grupo segundo, tantos de Alejandro Rioboo e Diego Purriños no segundo tempo. Cuartos cos tres primeiros puntos vistan despois do Nadal ó Miño, que perdeu 6-1 co CD Narón B. Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Alejandro, Xose, Samuel, Daniel, Diego, Mario Fraga, Jandro, Hugo, Sergio Hermida, entrando despois Mateo, Edgar, Marcos, Sergio Paz, e Rubén.
CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – RACING DE FERROL C (4-2)
GALICIA DE MUGARDOS – CD AS PONTES B (4-3)
Tamén iniciou con bo pé o Alevín A a súa andaina no grupo segundo, tras vencer 4-2 ó Racing de Ferrol C, con tres tantos de Alex Montero e un de Ali Karim. Visitan ó Narón O Freixo B, que gañou 1-3 ó Racing de Ferrol B. No mesmo grupo, perdeu 4-3 ó Alevín B ante o Galicia de Mugardos, nun encontro no que os protagonistas foron Santiago Díaz (4), e Anxo Blanco (3), que anotaron todos os goles dos seus respectivos equipos. Reciben ó Racing de Ferrol B.
CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
GALICIA DE CARANZA – CD AS PONTES (3-4)
CD AS PONTES B – SD RÁPIDO DE NEDA (0-3)
O Benxamín A logrou a súa segunda vitoria no grupo terceiro, tras vencer 3-4 ó Galicia de Caranza C, nun encontro no que comezou gañando 0-2, ambos tantos de Destaw Pellón, logo remontaron os locais ata o 3-2, empatou Alejandro Leal, e deu a vitoria no derradeiro minuto Diego Lozano. Son líderes con seis puntos, antes de recibir ó Ortigueira, oitavo. O Benxamín B perdeu 0-3 no seu estreo no grupo segundo ante o Rápido de Neda B, o campión prebenxamín do ano pasado. Visitan na seguinte xornada ó Racing de Ferrol B, que perdeu 5-2 co CD Narón.
CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – SDR ÁNIMAS (4-1)
MEIRÁS CF – CD AS PONTES B (3-5)
Bo estreo do Prebenxamín A no grupo dos mellores, gañando 4-1 ó Ánimas B, con remontada no segundo tempo, e tantos de David Maseda, Íker Ares, Nacho Villasuso, e Lucas Blanco. Na seguinte xornada vistarán ó potente Racing de Ferrol, que xa estivera no seu grupo de clasificación, quen sen embargo neste sábado so puido empatar 3-3 en Ortigueira. Tamén gañou o Prebenxamín B no grupo terceiro 3-5 ó Meirás, tantos de Martín Laherran (2), Íker Meizoso (2) e Xoel Galego. Sétimos con tres puntos, reciben ó líder Cultural Maniños.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.