Amigus
As Pontes

WOL (Wake on LAN)

Lendo gentoo-es.org:
“Wake-on-LAN é un estándar de redes que permite encender ordenadores remotamente. Para poder encender un ordenador remotamente, é preciso que a placa base e a tarxeta de rede soporten dito estándar.
O funcionamento consiste en envia-lo que se chama paquete ‘máxico’ á dirección MAC da tarxeta que está no ordenador que queremos encender. Cando unha tarxeta que está á escoita recibe dito paquete encende o ordenador no que se atopa.”…


…”En linux hai varios programas que permiten o envío destos paquetes. Estos son os pasos que seguín para instalar WOL no meu Gentoo.
No ordenador que quero encender:
* Activar na BIOS tódalas opcións relativas a WOL. Algunhas tarxetas requiren ademáis conectar á placa base un cable de tre fios que normalmente inclúen.
* Instalar sys-apps/ethtool. Este programa serve para averiguar moitas funcionalidades da tarxeta de rede e modificar algunhas delas:
# emerge ethtool -av
* Comprobar se a tarxeta soporta WOL e en caso afirmativo ver se está activado:
# ethtool eth0

Supports Wake-on: g
Wake-on: d
Fixándonos nas dúas últimas liñas, vemos que a tarxeta soporta WOL en modo g (Supports Wake-on: g), que corresponde co modo “Wake on MagicPacket(tm)” pero non o ten activado (Wake-on: d, d = disabled). Para máis información sobre os modos consulta
# man ethtool
* Activa-lo modo WOL da tarxeta
# ethtool -s eth0 wol g
En caso de que a nosa tarxeta soporte máis modos que nos interesen podemos activalos tamén engadíndoos á liña anterior.
* Por algunha extraña razón, a maioría de drivers de rede de GNU/Linux non deixan en modo de “Escoita WOL” á tarxeta de rede, algo que non pasa en Windows. Para facer que cada vez que apaguemo-lo ordenador se quede activado o modo WOL hai que engadi-lo comando do paso anterior ó arquivo /etc/conf.d/local.stop
# echo -e “ethtool -s eth0 wol g |n” >> /etc/conf.d/local.stop
Outra posibilidade sería engadilo ó principio do arquivo /etc/init.d/shutdown.sh pero non sei por qué non funciona.
* Só falta averigua-la dirección MAC da nosa tarxeta que é a última que aparece ó executar
# ifconfig | grep HWaddr
eth0 Link encap:Ethernet HWaddr 00:01:12:FE:82:5F
No ordenador que quero usar para encende-lo ordenador anterior:
* Instala-lo paquete net-misc/wol
# emerge net-misc/wol -av
Tamén poderiamos ter instalado o mesmo paquete ethtool, pero preferín usar net-misc/wol (actualmente dispoñible para arquitecturas ~x86 ~amd64 e ~ppc) por se a súa sintaxe máis sinxela e o seu nome máis fácil de lembrar.
* Para encende-lo ordenador remoto, con esta simple orde basta
# wol 00:01:12:FE:82:5F
(00:01:12:FE:82:5F é a dirección MAC da tarxeta que averiguamos no bloque anterior).
Stolz”
Fonte: gentoo-es.org

También podría gustarte
Comentarios