Xa se poden solicita-las axudas para material escolar do curso 2003-2004

As familias pontesas con fillos en idade escolar e con ingresos baixos poden xa solicitar as axudas para material escolar que concede o Concello de As Pontes. As instancias teñen que presentarse no Departamento de Servicios Sociais. Como requisito imprescindible para beneficiarse das axudas esíxese estar empadroado nas Pontes.


Ademáis tamén se terán en conta os ingresos da unidade familiar. A contía das axudas é a seguinte:
-105 euros por cada alumno beneficiario para educación secundaria
-66 euros para educación infantil e educación primaria (agás os de 6º curso, que é gratuíto)
-115 euros para os alumnos de bacharelato, f.p. e ciclos formativos.
Contémplase sufraga-lo custo total do material escolar sempre e cando as circunstancias o xustifiquen.
Amáis dos criterios económicos teranse en consideración outros factores psicosociais como a idade, orfandade, e o desemprego ou incapacidade permanente absoluta recoñecida do cabeza de familia. Tamén se terá en conta se o estudiante pertence a unha familia numerosa ou a unha familia na que o pai, nai ou titor estea viúvo, solteiro, divorciado ou separado.
Coa concesión destas becas, o Concello pretende contribuír parcialmente ó financiamento dun programa de axudas á escolarización.
A renda per cápita non poderá supera-los 270 euros mensuais.
As familias que pidan estas axudas para material escolar deberán entregar:
-Solicitude de axuda
-DNI do solicitante e dos demáis membros da unidade convivencial
-Libro de familia ou título de familia numerosa
-Nóminas (de xaneiro a xuño) ou certificacións do inem das contías percibidas por prestación e subsidio de desemprego
-Recibos de pensión actualizados
-Recibos de aluguer de vivenda
-Declaración da renda da unidade familiar correspondente ó último exercicio ou declaración xurada de non ter que presentala, así como declaración xurada da totalidade de ingresos do solicitante e dos restantes membros da unidade familiar, maiores de 18 anos, acompañada dos xustificantes dos respectivos ingresos
-Fotocopia da Tarxeta de demandante de emprego (no caso de desempregados)
-Boletín de calificacións escolares
-Certificación do padrón municipal de habitantes que comprenda tódolos conviventes.
Unha vez que o Concello decida se concede ou denega a axuda de estudios, o solicitante recibirá unha comunicación por escrito, e logo abrirase un prazo de dez días para reclamacións. Lembrámoslles que este ano o orzamento máximo destinado ás axudas para material escolar ascende ós 6.000 euros.
Fonte: Concello das Pontes

También podría gustarte
Comentarios