Amigus
As Pontes

PALESTRA SOBRE CLÁUSULAS CHAN E DEVOLUCIÓN DOS GASTOS HIPOTECARIOS. QUÉ FACER?

Seguindo co ciclo de palestras informativas, desta volta a plataforma veciñal Xuntas por As Pontes centrarase na reclamación das cláusulas chan e dos gastos hipotecarios ás entidades financeiras.

Seguindo co ciclo de palestras informativas, desta volta a plataforma veciñal Xuntas por As Pontes centrarase na reclamación das cláusulas chan e dos gastos hipotecarios ás entidades financeiras.

Día: mércores 15 de marzo,
Hora: ás 20:30
Lugar: no Salón de Actos da Casa Dopeso.

Achegaranse ata a nosa vila varios representantes da Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA):
– MANUEL PÉREZ ARIAS, Presidente de ACOUGA
– XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA, Secretario Xeral de ACOUGA e avogado especialista en banca
– JESÚS OROZA ALONSO, avogado de ACOUGA na zona de Ferrolterra

Explicarán en qué consiste a demanda colectiva contra as entidades bancarias e os prazos para adherirse a ela. Se estades afectados polas cláusulas chan, non dubidedes en achegarvos e informarvos. Igualmente, calquera persoa que teña unha hipoteca debería acudir e consultar cos expertos, pois tamén se poden reclamar os gastos hipotecarios.

Tratarase dunha charla – coloquio na que as persoas que acudan poderán facer as preguntas que desexen.

También podría gustarte
Comentarios