Merca Nas Pontes: Feliz día do pai

Merca nas Pontes do 13 ó 19 de marzo o mellor agasallo para papá. E entra no sorteo dunha cesta moi especial, valorada en máis de 1200 euros.

A Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios de As Pontes organiza para os seus socios a Campaña Día do Pai 2017.

A campaña do día do PAI 2017 é de ámbito municipal e terá lugar entre o 13 de marzo de 2017 e o 19 de marzo de 2017 (ambos inclusive).

Mecánica de participación

Cada vez que un cliente realice unha compra nun establecemento comercial dos participantes na campaña recibirá unha tarxeta na que cubrirá o seu nome e apelidos e os seu teléfono.

As tarxetas de participación depositaranse debidamente cubertas nos establecementos participantes.

Non serán válidas aquelas tarxetas nas que non se faciliten os datos de contacto.

Premio

Sortearase unha cesta composta por distintos produtos doados polos establecementos participantes en dita campaña. Valorada en máis de 1200€.

Sorteo

A Asociación de empresarios e comerciantes realizará o sorteo o luns día 20 de marzo.

Sacarase 1 premio e dous suplentes.

O agraciado será avisado vía telefónica e así mesmo, o seu nome publicarase no Facebook e páxina web de COHEMPO http://www.cohempo.es/

Máis información en http://www.cohempo.es/

También podría gustarte
Comentarios