Liga Local de Futbol Sala de As Pontes

Este pasado Domingo día 26 de Marzo disputouse a xornada número 17 da Liga Local de Futbol Sala, penúltima dunha tempada das mais igualadas dos últimos anos.

Este pasado Domingo día 26 de Marzo disputouse a xornada número 17 da Liga Local de Futbol Sala, penúltima dunha tempada das mais igualadas dos últimos anos.

Esta xornada arrincou as catro co encontro entre o Estanco Maricarmen e o Pinturas Colormix, encontro no que ningún dos dous equipos se xogaba nada e o Pinturas Colormix conseguiu dar a primeira sorpresa da tarde ao lograr a victoria por 3 goles a 4 nun partido atípico no que ambos conxuntos so contaban con 5 xogadores e un porteiro.

O encontro das cinco da tarde que enfrontaría a O Esteo F.S “B” e o Husse-Barbarroja non se celebrou debido a que por terceira xornada consecutiva o Husse-Barbarroja non se presentou a disputar o partido polo que os tres puntos van para casilleiro de O Esteo F.S. “B” o que fai que, a falta de unha xornada para que acabe a Liga se situe na sexta praza que da acceso directo aos cuartos da Copa Local 2017 con 20 puntos, posición que ocupaba o Husse-Barbarroja que ten 18.

Acontinuación Ribadeume F.S. e a Unión Futbol Sala vironse as caras onde a Unión Futbol Sala conseguía a victoria esta vez por 1 gol a 4 outra vez gracias a Diego Polo máximo goleador da competición autor de tres dos catro goles do seu equipo. Con esta victoria a Unión Futbol Sala colocase na segunda praza a un punto do líder.

O encontro das sete da tarde o Matojoma-Las Torres e o colista o N.G. UB2 Futsal tampouco se celebrou. Desta vez o que non se presentou a disputar o partido foi o N.G. UB2 Futsal polo que os tres puntos foron para o Matojoma-Las Torres.

O prato forte da xornada foi sen dúbida o encontro que ás oito da tarde disputaron o Bar Calvo e A Cova dos Trasnos. Ambos conxuntos loitaron por colocarse lideres en solitario da competición xa que estabán empatados a 37 puntos na cabeza da táboa clasificatoria polo que foi un partido moi disputado e intenso no que ambos equipos buscaron a victoria dende o pitido inicial. Unha victoria, mais que merecida, que conseguiu o Bar Calvo por 3 goles a 1 o que lle permite alcanzar o liderato a falta dunha xornada para o remate da competición cun punto de ventaxa sobre a Unión Futbol Sala, polo que todo queda pendente para derradeira xornada na que se enfrontaran a Union Futbol Sala e o Bar Calvo nun encontro pragramado para as cinco da tarde.

En canto a clasificación de goleadores, Diego Polo da Unión Futbol Sala cós tres goles desta xornada suma 40 goles por 30 de Tomas de A Cova dos Trasnos e 26 de Airon do Bar Calvo, polo que é prácticamente imposible que se lle a Diego Polo esta particular clasificación.

A continuación deixamosvos cos resultados desta xornada, a clasificación, e o ranking de goleadores.

LIGA LOCAL DE F.S. AS PONTES TEMPORADA 2016/2017

XORNADA Nº 17

3 ESTANCO MARICARMEN PINTURAS COLORMIX 4
3 O ESTEO F.S. “B” HUSSE-BARBARROJA 0
1 RIBADEUME F.S. UNION FUTBOL SALA 4
3 MATOJOMA LAS TORRES N.G. UB2 FUTSAL 0
3 BAR CALVO A COVA DOS TRASNOS 1

CLASIFICACIÓN

POSTO EQUIPOS PX PG PE PP GF GC PUNTOS
BAR CALVO 17 13 1 3 84 30 40
UNION FUTBOL SALA 17 12 3 2 74 37 39
A COVA DOS TRASNOS 17 12 1 4 68 42 37
ESTANCO MARICARMEN 17 9 4 4 65 53 31
MATOJOMA-LAS TORRES 17 9 1 7 67 51 28
O ESTEO F.S. “B” 17 6 2 9 46 65 20
HUSSE-BARBARROJA 17 5 3 9 41 49 18
RIBADEUME F.S. 17 5 1 11 52 74 16
PINTURAS COLORMIX 17 4 3 10 47 49 15
10º N.G. UB2 FUTSAL 17 0 1 16 34 122 1

GOLEADORES

DIEGO POLO (UNION FUTBOL SALA) 40 Goles
TOMAS (A COVA DOS TRASNOS) 30 Goles
AIRON (BAR CALVO) 26 Goles

Nova cortesía de Moises Fernández

También podría gustarte
Comentarios