CLASIFICATORIO EQUIPO ESPAÑOL ARCO RECURVO
Alvariño e Castro estiveron esta fin de semana en Madrid
Esta fin de semana levouse a cabo en Madrid o segundo control clasificatorio para o equipo español de Tiro con Arco na modalidade de Recurvo.
Cara aló desprazáronse os arqueiros do Silex, Miguel Alvariño e Daniel Castro, xunto a outros seis competidores.
Dende o venres ata o domingo disputáronse tres roldas de 72 tiradas, e tamén tres roldas eliminatorias entre os oito arqueiros.
Maikel estivo moi eficaz no man a man cos seus compañeiors, pois gañou todas as eliminatorias, o que lle serviu para impoñerse no global dos seis eventos con 52 puntos.
Moi preto quedou o xove Sergio Del Olmo, con 51, e terceiro Pablo Acha, compañeiro de Dani na selección junior, con 45.
O arqueiro reserva nas Olimpiadas, Miguel Ángel Pifarre foi cuarto con 38 puntos, e Dani Castro quinto con 33.
Álvaro Simó foi sexto con 21, e sorprendentes foron os dous últimos postos para os dous compañeiros de Alvariño en Río. Antonio Fernández obtivo 18 puntos e Juan Ignacio Rodríguez tan só puido sumar 9.
Nova cortesía de Xose Ferreiro