LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

O Fisioterapia DC-HIM&HER acadou o título de liga

Na súa estrea na competición o conxunto de Fisioterapia DC-HIM&HER logrou o seu primeiro título da liga de fútbol de veteranos de As Pontes. Necesitaba un punto na derradeira xornada, pero conseguiu os tres ante As Pontes 74, que comezou marcando e rematou perdendo por 3-1.

La Galaxia cumpriu no seu compromiso diante de Electricidad J&O ó que venceu por 5-2. Os galácticos conseguiron o subcampionato de liga.

Mobles Eume, que xogou case todo o partido cun home menos por expulsión do seu porteiro Manolo, venceu claramente a Galiorient por 0-4. Clasificouse na terceira posición con 36 puntos. Cuarto quedou As Pontes 74 a pesar da súa derrota diante do novo campión. Na quinta praza quedou Farmavida, que na derradeira xornada venceu a A Cepa (3-1). Bar Xardín obtivo a sexta posición ó gañar claramente a MMYPEM por 4-0, que quedou de sétimo. Galiorient acadou a oitava praza con 20 puntos; noveno foi Mesón A Cepa (15) e décimo Electricidad J&O con sete puntos.

Iván, de Fisioterapia DC-HIM&HER, foi o máximo goleador da liga con 30 dos 63 goles do seu equipo. Na segunda posición quedou Fernández (A Cepa), con 28. Martín (Mobles Eume) marcou 17 tantos e Fontao (La Galaxia), 15 goles. Catorce logrou Tomás (Galiorient), Juan (La Galaxia), 13. Narciso (MMYPEM), Rafa (Farmavida), Sergio (La Galaxia) e Juanjo (Fisioterapia DC-HIM&HER) lograron 11 tantos cada un.

A vindeira fin de semana dispútase a primeira xornada da copa, competición que na primeira fase dispútase polo sistema de liga a súa soa volta, xogándose a final o domingo 21 de maio (11:30). Unha hora antes disputarán a final de consolación os quintos clasificados de cada grupo.

18ª XORNADA 25-26 / Marzo / 2017

Electricidad J&O – La Galaxia (2-5) Óscar / Sito, Sergio, Juan (2) e Óscar
Fisioterapia DC-HIM&HER – As Pontes 74 (3-1) Iván e Juanjo (2) / Paz
MMYPEM – Bar Xardín (0-4) Picos, Cazás, Iván e Héctor
Farmavida – A Cepa (3-1) Rivas, Mele e Juan / Fernández
Galiorient – Mobles Eume (0-4) Martín (2) e Diego (2)

1ª XORNADA DE COPA 1-2 / Abril / 2017

Electricidad J&O – Farmavida (Sáb. 1, 19:30 h)
A Cepa – Bar Xardín (Dom. 2, 10:00 h)
Fisioterapia DC-HIM&HER – Galiorient (Dom. 2, 11:00h)
Mobles Eume – MMYPEM (Dom. 2, 12:00 h)
Descansan: La Galaxia e As Pontes 74

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios