Amigus
As Pontes

GRADACIÓN DE BACHARELATO DO IES MONCHO VALCARCE

Este venres pasado tivo lugar no edificio de cultura Casa Dopeso o acto de gradación de alumnos e alumnas do instituto Moncho Valcarce desta vila.

Este venres pasado tivo lugar no edificio de cultura Casa Dopeso o acto de gradación de alumnos e alumnas do instituto Moncho Valcarce desta vila.

O acto, que contou cunha excelente organización dos mestres e profesores do mencionado instituto pontés (que leva o nome dun crego e persoa moi apreciada nesta vila), estivo cargado de moita emotividade, tanto por parte dos alumnos coma dos seus pais e familiares. Presentaron o acto Carla Alvariño e Pedro Crespo, contando coa colaboración técnica de Alberto Da Silva.

Houbo discursos e actuacións musicais e como broche final foi a colocación da orla ós case sesenta alumnos e alumnas que remataban a súa etapa de bacharelato.

Agora quédalles a tódolos mozos e mozas outra etapa para rematar o seu ensino, a universidade. Cada quen elixirá o que máis lle guste e os estudos superiores nos que vexan un futuro mellor.

A todos eles e a elas moita sorte no futuro. Estou seguro que do seu esforzo e traballo nestes vindeiros anos van a saír grandes e prometedores homes e mulleres de ben e cun gran porvir que destacarán nas diversas facetas da vida social e profesional. Sorte e moitos parabéns a todos e a todas.

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios