Amigus
As Pontes

Dúas pontesas no campionato de España xuvenil de fútbol sala

O Comarcal A Fervenza acabou na quinta posición no torneo disputado na localidade madrileña

Esta fin de semana disputouse en Móstoles o Campionato de España de Clubes Xuvenil Feminino de Fútbol Sala.

Oito equipos dábanse cita, e entre eles estaba o Comarcal A Fervenza de Andrea Montero Peteira, tamén xogadora do Val de Fútbol Campo, e Raquel García Ferreiro, que anotou dous tantos no torneo. Xogadora con raíces pontesas, Campiona de España Sub17 a tempada pasada.

O equipo ferrolán perdeu 6-3 ante Comarca de Níjar, 3-1 ante Intersala Zaragoza, empatando no último encontro ante Atlético Cieza de Murcia 2-2, concluíndo no terceiro posto do seu grupo e  quintas na clasificación final. Resultado moi positivo tendo en conta que gran parte do plantel aínda está en idade cadete, contando incluso cun par de infantís.

O Intersala Zaragoza logrou o bronce ante o Mataró, mentres que o equipo locatario do Móstoles venceu na final ó Comarca de Níjar andaluz 3-2. Os outros dous equipos participantes eran o CDE Muslera de Cantabria e o CD Cantera Cascante de Navarra.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios