Amigus
As Pontes

BORJA PRIETO LOGRA UN BRONCE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Disputou cinco probas na competición celebrada en Verducido

O piraguista pontés Borja Prieto Valera competiu esta fin de semana en Verducido no Campionato de España.

Comezou o venres no K1 1000 metros, nos que foi primeiro na contrareloxo, dándose o luxo de quedar por diante dun tricampióin mundial de Maratón coma Iván Alonso. Xa na súa semifinal quedou quinto, clasificando Rubén Millán, gañador final, o campión mundial junior Pelayo Roza, e o sub23 Albert Martí, sendo tamén quinto na Final B gañada polo seu ex compañeiro de K4 na selección española e Campión de Europa de Maratón, Diego Piña.

Na xornada do sábado comezaba co K4 1000 en compañía de Daniel García, Miguel Gallo e Álvaro Gallinal. Nas semifinais foron terceiros, por detrás de Vilaboa e Banyoles, e novenos na final A gañada polo Tudense de Alonso, Roi Rodríguez, Campo e Delgado.

A gran ledicia chegou no K4 500, onde Borja, Javi Hernanz (prata no K1 1000), Juan Oriyés e Dani García venceron a súa semifinal e na final foron bronce (1:23:88), por detrás do Tudense de Roi Rodríguez, Millán, Delgado e Diéguez (1:23:40), e do Ría de Aldán do campión olímpico Perucho, Tiebo, Dacosta e Caride (1:23:41).

Antes de rematar a xornada do sábado foi noveno na contrareloxo do K2 200 xunto a Daniel García Barón, sendo despois oitavos na súa semifinal.

Por último, competía Borja o domingo no K4 200, con Javi Hernanz, o prometedor Oriyés (prata no K2 500 con Javi), e Daniel García, sendo décimos na contrareloxo, aínda que logo non saíron na súa serie semifinal.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios