Amigus
As Pontes

Aparece un grabado de Picasso no soto dun ministerio de Brasil

Lendo elmundo.es:
“Un grabado cunha imaxe feminina de perfil, con autoría atribuída ó célebre artista plástico español Pablo Picasso, foi atopado abandoado no soto do Ministerio de Previsión Social de Brasil.”…

picasso.jpg


…” ‘Foi unha das maiores emocións da miña vida poder atopar esa obra e toca-lo seu marco. É unha verdadeira perla’, indicou entusiasta o asesor de prensa e portavoz da carteira de Previsión Social, Marcelo Antunes da Silva.
Da Silva forma parte dun grupo especial creado polo ministro Ricardo Berzoini para rastrexar, localizar e identificar tódalas obras de arte e pezas históricas que pertencen a esa carteira, tanto nas súas oficinas de Brasilia coma nas distribuidas no resto do país.
‘Confirmamos que [o grabado] era un picasso, porque tiñamos un rexistro que o identificaba coma unha das pezas dun acervo de obras que foi doado ó ministerio’, comentou Antunes da Silva.
Ó respecto refiriuse a un conxunto de pezas de arte que pertenceu a Tomás Santa Rosa Júnior, unha persoaxe tan curiosa coma o lugar onde atoparon fai uns días o grabado, que baixo un forte operativo de seguridade foi enviado a un evaluador e restaurador de obras de arte.
Ese profesional foi encargado de calcula-lo valor e limpa-la obra que, segundo Antunes da Silva, foi adquirida por Santa Rosa Júnior de mans do propio Picasso, con quen conviviu en 1935 en España.”
Fonte: elmundo.es

También podría gustarte
Comentarios