Amigus
As Pontes

Concurso de Carteis – Feira do Grelo 2006

Co motivo da celebraciónda feira do Grelo que se celebrará o vindeiro mes de Febreiro, o Concello das Pontes convoca un concurso de carteis coas seguintes bases.


Primeira.- Poderán participar todos os xoves que teñan cumpridos os 14 anos antes do 31 de decembro de 2006, e non superen os 30 na mesma data.
Segunda.- O motivo do cartel é anuncia-la XXVI edición da Feira do Grelo. A técnica será libre, e aparecerá obrigatoriamente no cartel o seguinte texto:
XXVI FEIRA DO GRELO
AS PONTES
26 DE FEBREIRO DE 2006
As medidas do cartel serán de 40×70 cm como máximo, e preferiblemente en orientación vertical. Só se poderá presentar un cartel por persoa/s, e deberá ser inédito e orixinal.
Terceira.- O prazo de presentación e chegada dos carteis rematará o 2 de Febreiro de 2006 ás 12:00 h. Os carteis serán entregados ou enviados ao Depto. de Cultura do Concello das Pontes, sito na Casa Dopeso, Rúa Rosalía de Castro, 28 – 15320 As Pontes, A Coruña. (981 44 03 44 /cultura@aspontes.org). O cartel deberá vir acompañado dun sobre pechado e coa seguinte información no seu interior: nome, enderezo, fotocopia do DNI, e teléfono do autor/es.
Cuarta.- Establécese un premio único de 300 € (trescentos euros). O cartel premiado quedará en propiedade do Concello das Pontes. A entrega do premio realizarase o mesmo día da feira.
Quinta.- O xurado estará composto por persoas debidamente cualificadas e representantes do Concello, estes con voz pero sen voto. Corresponde ao xurado a interpretación das bases, sendo o seu fallo inapelable. O xurado resérvase o dereito de declarar deserto o premio.
Organiza Concello das Pontes e a Concellería de Cultura-OMIX

También podría gustarte
Comentarios