Este sábado 18 de febreiro comeza no Conservatorio das Pontes un seminario de Principios de Composición para todos aqueles interesados na composición musical, teñan ou non coñecementos musicais.
Está programado en catro sesións de dúas horas cada unha, aínda que en función dos intereses dos participantes, poderán ampliarse.
O seminario é gratuito, e a inscrición no mesmo deberá realizarse no Conservatorio de luns a venres e de 16.00 a 21.00 horas, ou ben ó comezo da primeira sesión, que será este sábado de 15.30 a 17.30 horas.
O obxectivo principal do seminario é dar ós participantes as ferramentas precisas para que poidan crear a súa propia música ou ben modificar algunha peza xa existente.
No seminario trataranse os seguintes temas:
– O ritmo
– A melodía
– O timbre
– A harmonía
– A estructura
– A forma
– O análise
O seminario será dirixido por José Manuel Campello, Director do Conservatorio das Pontes e licenciado en piano, solfexo, teoría da música, transposición e acompañamento.