Do 19 ó 28 de Abril expoñerase en As Pontes na sala do Mercado Vello a mostra “As profundidades do cosmos”; nesta mostra itinerada pola Deputación da Coruña , dase unha visión global de astronomía a través de textos, imaxes, obxectos e proxeccións que nos van a aproximar dun xeito diferente a esta ciencia.

A exposción está dirixida a tódolos públicos e contará con:
– Maquetas a escala dos planetas
– colección de reloxos de sol
– vídeos con proxeccións de misións da Nasa
– colección de instrumentos astronómicos (telescopio, astrolabio entre outros)
– traxe de astronauta (réplica do empregado nas naves Apolo9
– Sábado 22 instalarase un Planetarium cunha cúpula de 5m onde se farán proxeccións guiadas.

Horarios:
Inauguración o mércores 19 ás 20h
Luns a venres de 10 a 13 para centros escolares de 18 a 21h a tódolos públicos
Sábado de 11 a 14 e de 18 a 21h con visitas o planetarium
Todalas visitas contarán con guía que adecuará os distintos públicos os contidos da exposición.
Cortesía: Dpto. Cultura – Concello As Pontes