EXPOSICION ‘AS PROFUNDIDADES DO COSMOS’

Do 19 ó 28 de Abril  expoñerase en As Pontes  na sala do Mercado  Vello a mostra “As profundidades do cosmos”;  nesta mostra itinerada pola  Deputación da Coruña  , dase unha visión global de astronomía a través de textos, imaxes, obxectos e proxeccións que nos van a aproximar dun xeito diferente a esta ciencia.

nebulosab.jpg


A exposción está dirixida a tódolos públicos  e contará con:
– Maquetas a escala dos planetas
– colección de reloxos de sol
– vídeos con proxeccións de misións da Nasa
– colección de instrumentos astronómicos (telescopio, astrolabio entre outros)
– traxe de astronauta (réplica do empregado nas naves Apolo9
– Sábado 22 instalarase un Planetarium cunha cúpula de 5m onde se farán proxeccións guiadas.

nebulosa.jpg

Horarios:
Inauguración o mércores 19 ás 20h
Luns a venres  de 10 a 13 para centros escolares de 18 a 21h a tódolos públicos
Sábado de 11 a 14 e de 18 a 21h con visitas o planetarium
Todalas visitas contarán con guía que adecuará os distintos públicos os contidos da exposición. 
Cortesía: Dpto. Cultura – Concello As Pontes

También podría gustarte
Comentarios