S.O.S. CIRCULO LÍTICO NA MOURELA !!!
como saberedes, se non se fai nada, as palas da construcción da autovía e o mal governar destruirán o circulo lítico da mourela, único en galicia.
HOXE LUNS ÁS 20:00 – REUNIÓN ABERTA na biblioteca municipal da recén creada Plataforma Cidadá na Defensa do Circulo Lítico da Mourela, para ver como está o tema e convoca-la manifestación que se fará mañá co obxetivo de paraliza-las obras nese punto clave, e replantexa-lo asunto.
MAÑÁ MARTES ÁS 19:30 – MANIFESTACIÓN na Praza do Hospital.
Despois, ás 20:30 horas terá lugar unha charla informativa para analizar a situación actual e definir as medidas a levar a cabo nos seguintes días, nos que está previsto o comezo das obras.
Plataforma Cidadá na Defensa do Circulo Lítico da Mourela


Manifesto
A Plataforma cidadán en defensa do círculo lítico da Mourela, recentemente creada por iniciativa dos veciños das Pontes e independente de calquer partido político, quere manifestar por medio desta nota de prensa as súas reivindicacións polas inmediatas obras do tramo da autovía As Pontes-Cabreiros, que suporán a desaparición definitiva do devandito haxazgo arqueolóxico.
Cabe apuntar que o problema nace co anterior goberno da Xunta, en tanto que o estudo de impacto ambiental do tramo non se recollía a existencia do haxazgo.
Non obstante, ao longo da pasada semán, parece que as presións da actual Consellería de Política territorial e das empresas adxudicatarias (Puentes y carreteras y Viviendas y Ferramentos) fixeron efecto no que en teoría é a entidade administrativa con maior capacidade para a preservación do patrimonio histórico de Galicia, como é a Direción xeral de patrimonio, dependente da Consellería de Cultura.
Así, a partir deste martes día 9 de maio, unha vez finalizado os dez días de permiso de excavación que dita entidade concedeu ao Laboratorio de investigacións arqueolóxicas do Concello de As Pontes; os 5.000 anos de historia do círculo lítico serán aniquilados polas maquinarias das empresas adxudicatarias da construción.
Se ben a autovía Ferrol-Vilalba é algo esencial para o futuro desenvolvemento do Concello das Pontes, e que o retraso da súa finalización suporía un incremento do orzamento inicial, non é motivo como para non aumentar a marxe de tempo para levar a cabo as investigacións pertinentes sobor dun elemento patrimonial de gran importancia non só a nivel local, senón tamén galego e europeo.
A cidadanía pontesa non pode quedar impasible ante tal barbarie, polo que convocamos a todolos/as veciños/as das Pontes a unha concentración que terá lugar o martes día 9 ás 19:30 horas na praza do hospital. Despois, ás 20:30 horas terá lugar unha charla informativa para analizar a situación actual e definir as medidas a levar a cabo nos seguintes días, nos que está previsto o comezo das obras.
A concentración só sería descombocada en caso de que algún cargo público competente tomara cartas no asunto e paralizase as obras temporalmente.
POLA DEFENSA DO PATRIMONIO HISTÓRICO DAS PONTES.
Plataforma cidadán en defensa do círculo lítico da Mourela
