Onte ás 20.00 horas tivo lugar no Parque Eólico Experimental de Sotavento o é-vento de música falada que vos estivemos a anunciar toda a semana.

Despois de moita preparación, o éxito de público foi aplastante -preto de cen persoas, en sotavento quedaron sen sillas… e o éxito de prensa máis aplastante aínda: Entrevista a toda páxina en la voz de galicia, entradas en directo en varios programas da radio galega, reportaxe en telecinco que quizais saia este luns, e entrevista tamén na televisión galega, ademáis dos da televisión local que fixeron un grande esforzo e nos votaron máis dun cabo.


Moitas gracias a todos os participantes e a todos os colaboradores.