Amigus
As Pontes

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS – MURALLA RC

O Fendetestas recibe este sábado no Monte Medulio ó ex conxunto de Primeira División

O Fendetestas pontés de rugbi recibe este sábado no seu Campo de Monte Medulio ó Muralla de Lugo.

Non será un rival nada doado o lucense, pois o ano pasado era equipo da Primeira Galega, e ademais actualmente é o terceiro clasificado con 32 puntos, e quererá apurar as súas escasas opcións de ocupar a primeira praza ó final da Liga.

Os ponteses pola súa banda son líderes con catro puntos de ventaxa sobre o Arteixo, e deben aproveitar o partido pendente co Barbanza, e que dos catro encontros que lles restan, tres son na casa, para afianzar o campionato.

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA (12ª xornada)
CR FENDETESTAS – MURALLA RC
Sábado 3 – Febreiro – 2018 (16:30 h)
Campo Monte Medulio

También podría gustarte
Comentarios