Amigus
As Pontes

Gadgetofanáticos: os yuppies de hoxe en día

Lendo codigocero.com:
“Aínda que polo nome poderían ser seguidores do inspector máis coñecido dos debuxos animados, gadgetofanánticos é a “etiqueta” que lle dá unha empresa británica de recursos humanos á nova xeración de empresarios obsesionada cos símbolos de estatus e a súa maior expresión: os gadgets. A palabra en discordia vén a agrupar a aqueles dispositivos de tecnoloxía punteira, prácticos e de pequenas dimensións, que cumpren funcións específicas: móbiles, iPods, axendas electrónicas… e un longo etcétera. Así definiu a dita firma Office Angels ós 1.500 traballadores que foron enquisados polo departamento de recursos humanos desta empresa, nun estudo que pretendía afondar nas preferencias e novos símbolos de estatus nas oficinas.”…


Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios