Amigus
As Pontes

O portátil de 100$ chamarase ‘2B1’

Lendo agnix.org:
“O portátil do proxecto OLPC (Unha Laptop por Neno) non se chamará CM1 The Children´s Machine como se tiña falado. A máquina de baixo custe foi batizada coas siglas 2B1 (que en inglés lense como To be one, algo así como ‘Ser un’). Negroponte, creador do proxecto, manifestou na decimocuarta Cátedra das Américas da OEA ‘Talvez o beneficio máis importante que brindará para o planeta a laptop de 100 dólares é transformar e revolucionar a educación e, en consecuencia, favorecer o desenvolvemento económico’.”…


…”O portátil será fabricado con materiais resistentes e con procesador a 500 MHz cuxo sistema operativo estará baseado en Linux. Obterá a enerxía necesaria para funcionar dun adaptador de corrente ou ben dunha manivela. Cada portátil actuará como nodo dunha rede peer-to-peer formada por estes equipos de tal modo que se un deles accede a Internet os demais poidan compartir a mesma conexión. Isto permitirá mellorar as posibilidades educativas dos nenos que utilicen os portátiles, tanto dentro de clase como fora dela. “…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios