O As Pontes visita este Xoves Santo ó Boimorto, no Carballal, 17:00, arbitrado por David Jiménez Jiménez (A Mariña), no partido que fora aprazado no seu día polo temporal.
Tratase dun encontro vital para ambos conxuntos, que buscarán o triunfo, o As Pontes, terceiro con 55 puntos, para achegarse o máximo posible ós dous postos de ascenso, e os boimortenses, que son quintos pola cola con 33 puntos, para alonxar os postos de descenso e arrastre.
Ademáis os locais quererán poñer fin á racha de catro derrotas seguidas, despois da súa última vitoria, a novena da campaña, 1-2 en Dumbría.
O equipo pontés disporá de todos os seus xogadores, mentres que polos locais en principio será baixa o seu goleador Manuel Nieto, que viu a décima amarela.
PREFERENTE NORTE
BOIMORTO CF-CD AS PONTES (O CARBALLAL, 17:00)
Nova cortesía de Xose Ferreiro