Amigus
As Pontes

Presentación do novo xornal ‘PEGADAS’

Este venres, día 1 de decembro, na Casa da Cultura de Pontedeume, presentarase en sociedade unha nova publicación orientada á poboación dos nove concellos que conforman o territorio de actuación da Asociación Euroeume. O acto terá lugar ás 20.00 e será presentado por Xosé Castro Romero, presidente da Asociación e por Ignacio Gil Zarzosa, director do “Nordeste de Segovia” e coordinador do proxecto de cooperación do que xurde esta iniciativa.


“PEGADAS” e unha publicación mensual orientada ao territorio de actuación de Euroeume, un medio de comunicación comprometido co territorio e co medio rural. “PEGADAS” é un proxecto de información impulsado pola Asociación Euroeume, que traballa dende hai 10 anos polo desenvolvemento do territorio.
Esta publicación pretende ser un instrumento ao servizo do territorio; un lugar de encontro para as institucións, asociacións, empresas e persoas que fan deste territorio o seu modo de vida; un punto de apoio para quen desexe facer medrar calquera iniciativa neste territorio. Este xornal quere recuperar a información próxima ao cidadán, e fundamentalmente daqueles cidadáns que habitan nestes nove concellos. Desde “PEGADAS” enténdese que aquelas cousas que suceden nos nosos pobos son novas de interese, e que os medios de comunicación non lles prestan a atención que merecen. Por eso pretendemos que “PEGADAS” sexa un espazo de encontro e participación dentro deste territorio; desexamos que esta publiciación sirva para que as persoas e colectivos do noso territorio atopen un medio de difusión para as súas iniciativas e actividades.
Este xornal forma parte dun ambicioso proxecto de cooperación centrado na información comarcal. Outras cinco comarcas ao longo de diversos puntos do estado tamén están a crear o seu propio xornal. Serán, como o noso, proxectos informativos próximos ao mundo rural; medios nos que a veciñanza se recoñeza posto que fala do seu pobo, das súas terras, paisaxes, escolas, iniciativas e problemas.

También podría gustarte
Comentarios