Amigus
As Pontes

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – FS ZAMORA (4-6)

O Esteo remata a tempada perdendo co campión

O Esteo despediu este sábado a Liga recibindo ó campión Zamora, encontro no que perdeu 4-6, chegando 1-3 ó descanso.

Os visitantes puxeron pronto terra de por medio, con tantos de Diego e Ángel, e pese a que os locais recurtaron cun tanto de Rober, tras pase de Héctor, antes do descanso, na xogada posterior, Héctor poñía o 1-3 co que se chegaba ó intermedio.

Ao pouco da reanudación, noutra xogada a balón parado voltaba a marcar Rober, que rematou expulsado por doble cartón, pero en dous zarpazos os visitantes Héctor e Ángel poñían o 2-5 que semellaba complicado de remontar.

Pero os locais non desistiron, e nun despexe dos zamoranos o balón rebotou en Pana e acaba no fondo das mallas. Pero os casteláns leoneses voltaban a poñerse tres arriba, con golazo de Ángel, o seu terceiro de hoxe.

Xa con porteiro xogador o Esteo conseguiu reducir distancias por medio dun tiro cruzado de Gerardo, que situaba o 4-6 definitivo.

Os ponteses rematan a Liga oitavos con 36 puntos. Gáñalle a partida Martín a Pana por un tanto, e rematan con 28 e 27 goles respectivamente, e ambos superan o récord na Segunda B de Jaco, que estaba nos 21. Rober Paz 11, Héctor e Ayala 8, Gerardo e Gago 5, Dani 4, Juan Cruz 2, e dous en propia meta conforman os 100 tantos dos de Javi Saa.

Resaltar a volta ó Pavillón da Fraga do mítico porteiro, que fora do Autos Puentes, Santos, con 48 anos pero coma un rapaz, e tamén retornaba Juan Cruz, xogador que debutara con dous goles na primeira xornada ante o Benavente, lesionouse nese encontro e a media campaña fichou polos zamoranos. Ademais os prebenxamíns ofreceron os seus títulos de Liga e Copa á afección.

Xogaron Javichu, Martín, Héctor, Pana, Rober, Gago, Gerardo, Ayrton e Jesús, nunha Fraga cuns 200 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios