Amigus
As Pontes

Un grupo de tencólogos millonarios mercan os estudios de cine da Warner Bros

Lendo barrapunto.com:
“Os seus plans son contratar a novos guionistas e a un novo director e volver a lanzar Matrix Revolutions a vindeira semana.
Na adquisición máis dramática e costosa da historia da industria do cine, un grupo de tecnólogos billonarios que inclúe a Bill Gates, Paul Allen, Steve Ballmer, Steve Jobs, Pierre Omidyar e Larry Ellison anunciou hoxe a adquisición do catálogo e dos estudios da Warner Brothers, así coma outras tres compañías, cun propósito declarado: volver a facer Matrix Revolutions.”…


…” ‘Vimos a película esta mañá’, dixo Pierre Omidyar, fundador e presidente de eBay, ‘e apesta. Apesta tanto, que decidimos facer algo’.
‘Hollywood non o entendeu’, dixo Steve Ballmer de Microsoft. ‘Unha película mala sobre Matrix costaranos miles de millóns en perdas de productividade, debido a que os nosos traballadores estarían todo o tempo divagando’.
‘Igualmente, Apple se enfrenta a un serio obstáculo debido a que os nosos traballadores tamén están disgustados coa maneira que as cousas rematan en Revolutions’, engadiu Steve Jobs, de Apple Computers.
Nunha conferencia improvisada esta mañá, o grupo de billonarios decideu concentrar inmediatamente o seu carto e mercar Warner Brothers, NPV Entertainment, Silver Pictures e Village Roadshow Pictures, as compañías responsables da producción da película Matrix Revolutions que protagoniza Keanu Reeves.”…
Fonte: barrapunto.com

También podría gustarte
Comentarios