Amigus
As Pontes

OS VECIÑOS DOS LOUREIROS DENUNCIAN A INSTALACIÓN DUNHA ANTENA DE TELEFONÍA MÓBIL SEN A PRECEPTIVA LICENZA MUNICIPAL

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Os veciños do lugar de Pena do Golpe – Os Loureiros denuncian a construción ilegal dunha antena de telefonía móbil pola empresa TELEFÓNICA MÓVILES ESPAÑA S.A.U., que iniciou os traballos a finais do mes de marzo do presente ano, sen a preceptiva licenza municipal de obra. A mediados de maio, a obra atopábase xa finalizada.

antena2.jpg

O día 28 de maio, logo das eleccións municipais, o Concello das Pontes notificou aos veciños a solicitude de licenza para instalación da antena e a posibilidade de presentar alegacións nun prazo de 10 días.
Ese mesmo día os veciños afectados deron parte á Policia Municipal, que redacta un informe no que se pon de manifesto o feito de que a obra xa está rematada en dita data e, ao día seguinte, interésanse pola licenza no concello.
Os veciños dos Loureiros denuncian que si ben o permiso estaba solicitado no Concello das Pontes, dende o día 26 de abril, ainda non fora concedido nin comunicado aos afectados, e a empresa xa tiña construida a instalación sen a preceptiva licenza municipal de obra. Logo de comprobar esta ilegalidade e mediante instancia ao Sr. Alcalde D. Víctor Guerreiro Pena, solicítase a paralización da obra, que comunica dita paralización o día 11 de xuño.
A través dunha nota enviada a diferentes medios, os veciños non entenden como se pode facer unha obra destas características, na que se estivo traballando ao redor de tres meses con paso de maquinaria pesada para apertura do furado e formigonado do acceso, coa total pasividade do goberno municipal e en concreto da concellería de Obras. Manifestan tamén que si ben a solicitude da licenza produciuse o 26 de abril, a obra xa estaba rematada sen estar concedida a autorización municipal.
Denuncian ademais o feito de que ao ser unha actividade considerada perigosa para a saúde debérase mirar máis polos veciños e non tanto polas empresas. Ademais non comprenden a necesidade de poñela tan perto das casas cando hai moito espazo e zonas máis altas para situala.

antena.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios