Amigus
As Pontes

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: SALA OURENSE-O ESTEO FS (6-2)

O equipos pontés é décimo terceiro na táboa

Derrota do Esteo, que caeu goleado 6-2 a domicilio polo ascendido Sala Ourense, que aínda non sumara ningún punto.

Pese a adiantarse os locais ó pouco do inicio, pronto empataba Héctor, pero outro tanto dos ourensáns facía que ó descanso se chegase co tanteo de 2-1.

Mediada a segunda metade os dos Remedios anotaban dous tantos e poñían un complicado 4-1 no electrónico, e pese a recurtar distancias Héctor, dous tantos de David nos derradeiros instantes situaban o 6-2 definitivo.

Mal comezo dos ponteses que son décimo terceiros con tres puntos, e a súa única vitoria chegou con unha remontada in extremis tras ir 4-2 preto do final ante o ascendido Puertas Deyma.

Só teñen a tres equipos por detrás e na vindeira xornada no derbi reciben ó Cidade de Narón, que é oitavo con 6 puntos.

SALA OURENSE: Toki, Raúl, Alli, Adrián, Arturo – cinco inicial – Edgar, David, Martín, Tizón, Igor, Daniel, Guede.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Jacobo– cinco inicial – Rober, Bruno, Dani, Troncho.

ÁRBITROS: Castro Nantes, Sierra Márquez, Bermúdez Abal. Amarelas a Arturo, Martín, Héctor, Rober.

GOLES: 1-0, Arturo (5´), 1-1, Héctor (6´), 2-1, Adrián (10´). 3-1, Adrián (30´), 4-1, Arturo (32´), 4-2, Héctor (35´). 5-2, David (38´), 6-2, David (40´).

INCIDENCIAS: Pavillón dos Remedios. Uns 150 espectadores.

Nova cortesía Moisés Fernández e Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios