Amigus
As Pontes

O As Pontes remonta a renda do Compostela para vencer

[Diario de Ferrol] O As Pontes clasificouse para as semifinais da Copa Deputación logo de remontar diante do Compostela nun partido ó que os equipo santiagués nunca lle perdeu a cara. De feito, a escadra adestrada por Chus Baleato empezou mellor situada sobre o terreo de xogo, o que o levou a poñerse por diante no marcador e a marcar un segundo tanto que foi anulado polo árbitro do choque.


En vista da espesura que estaba tendo o seu xogo, o As Pontes recorreu ás xogadas de estratexia e logo dun par de avisos veu o tanto do empate. Este gol afectoulle moito ó conxunto visitante, que viu como o As pontes se fixo co mando do partido no último cuarto de hora antes do descanso e, cando se cumpría o tempo regulamentado, Pedro adiantou ó seu equipo no marcador, o que finalmente suporía o seu triunfo.

También podría gustarte
Comentarios