Constrúe un avión de enerxía solar
Lendo iblnews.com:
“O aventureiro suizo Bertrand Piccard que, xunto ó británico Brian Jones, foron, en 1999, os primeiros en completa-la volta ó mundo sen escalas a bordo dun globo aerostático, agora ten outro insólito proxecto: construir un avión propulsado por enerxía solar para voar ó redor do planeta.”…
…”Piccard ten a intención de traballar cunha trintena de expertos de laboratorios de investigación europeos e norteamericanos construir unha aeronave que. dentro dun par de anos, poida efectua-las primeiras probas experimentais, incluidos vos nocturnos, e estar a punto antes de rematar esta década, segundo informou EFE.
O proxecto inicial é construir un avión duns 60 metros de envergadura -unha dimensión entre a do Airbus 340 e do Boeing 747- cuberto dunha superficie duns 150 metros cadrados de pracas solares, que ocuparán a casi totalidade da parte superior das alas laterais e da zona de cola.
O aparato, que só utilizará enerxía solar, ten que ser capaz de acumular suficiente cantidade para voar de noite, cos que poderá da-la volta ó mundo sen necesidade de repostar.”
Fonte: iblnews.com