Amigus
As Pontes

Volta á competición do Grupo Xuvenil-Matojoma de Pîragüismo

Este domingo 16 de decembro comenzou oficialmente a tempada de piragüismo en Galicia co Trofeo Rías Baixas nas augas do Lérez ao seu paso pola cidade de Pontevedra.

Esta competición, que ademáis contou como control técnico para a Federación Galega, supuxo o debut na categoría cadete de Celia Durán, Antón García, David García, Pablo Vispalia e Lucas Valle, que fixeron una excelente actuación, destacando o 2º posto de Celia en mulleres. Os rapaces remataron 19º Pablo, 25º Lucas, 38º Antón e 40º David, todos en k1 e sobre unha distancia de 8000 m.

Ademáis dos cadetes tamén o seu adestrador Antonio Polo competiu, e gañou, na categoría k1 home veterano, neste caso sobre a distacia de 12000 m.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes

También podría gustarte
Comentarios