Amigus
As Pontes

Nota de prensa XPAP: A Concelleira de Xunt@s por As Pontes, María Chao, reivindica en Bruxelas políticas públicas que garantan o dereito á vivenda e fagan fronte á especulación

Case 30 representantes da política local galega participaron en Bruxelas no encontro internacional REALPE 2019 do GUE/NGL.

 A concelleira María Chao presentou unha batería de medidas cas que fornecer a loita contra a especulación urbanística. 

‘Vivenda, progreso social e derrota ao fascismo. Comunidades locais para outra Europa’, esta é a consigna baixo a cal o Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) convocou este ano o encontro da Rede Europea de Autoridades Locais e Progresistas (REALPE 2019). 

Ao igual que na edición anterior, convidadas pola eurodeputada Lídia Senra (GUE/NGL) un numeroso grupo de representantes da política local galega participaron no evento. Desta volta desprazáronse a Bruxelas alcaldes, concelleiras e representantes de máis de 25 concellos galegos xunto co deputado no Parlamento de Galicia Davide Rodríguez e a responsable de municipalismo de En Marea, Ana Seijas. 

María Chao encetou a súa participación no panel sobre “Vivenda Social e Especulación” reivindicando que só se pode acadar o dereito á vivenda a través do desenvolvemento de políticas públicas de vivenda: “entendemos a vivenda como un ben básico que non pode quedar suxeito ás determinacións do mercado, senón que ten que considerarse un ben indispensable para a vida das persoas”, para o que son precisas “políticas públicas que regulen tanto o acceso á vivenda como a permanencia nela e políticas específicas para combater a especulación”. 

A Concelleira de Xunt@s por As Pontes explicou que tanto na Galiza como no Estado español “o territorio é un campo de batalla para a especulación das forzas económicas”, ao tempo que proxectou na sala imaxes que ilustraban a especulación urbanística a pé de costa nos concellos de Barreiros e O Grove, e de urbanizacións pantasma en Garañon (Lugo) e Miño. 

A nosa compañeira deu conta tamén doutra das caras da crise habitacional: o despoboamento. “No rural perdemos poboación en detrimento das zonas máis urbanas, e tamén poboación que emigra Páxina 2 de

en busca de oportunidades laborais. Catorce comarcas galegas perderon xa máis do 40% da poboación”

AS PONTES: 

María Chao aportou tamén claves sobre a situación no noso concello, As Pontes, chamando a atención sobre a existencia de exemplos de case tódalas malas prácticas relacionadas ca xestión da vivenda. “Temos un rural despoboado e abandonado. A vila caracterízase pola súa dispersión urbanística, con vivendas baleiras no centro, solares sen edificar, urbanizacións illadas -construídas por Endesa para os seus traballadores- e un comercio local que esmorece. Ademáis, xúrdenos o dilema de cómo relacionarnos urbanísticamente co novo espazo conformado co lago e a entulleira; temos que decidir entre todas o uso que imos darlle: seguimos o modelo de Barreiros con urbanizacións “a pé de praia” ou preferimos regular usos compatibles con este entorno que aspira a ser un espazo natural?”. 

Fronte esta situación, Chao avogou por activar medidas que permitan “completar primeiro o tecido urbano, sacar ao mercado as máis de 800 vivendas baleiras que hai na vila, rehabilitar edificacións e adaptalas ás novas necesidades da poboación”

CONTRA A ESPECULACIÓN: 

Aliás, presentou unha batería de medidas para avanzar na loita contra a especulación a nivel da Galiza, considerando indispensábel “regular de xeito diferente o eixo atlántico -máis poboado e con máis actividade económica- da zona do interior -menos poboada, avellentada e esmorecendo-, pois atenden a realidades distintas e, en xeral, ordenar o territorio dacordo coa realidade económica e demográfica do país, e que non nos marque o camiño o capital ou os intereses privados. Isto debémolo reflexar tamén nos nosos propios plans xerais de ordenación dos concellos”

María Chao destacou tamén a pertinencia de constituír un Observatorio da Vivenda na Galiza, como órgano que fornece unha análise continua da realidade socioeconómica do noso país, adecuar as políticas de vivenda as distintas tipoloxías de familias e aplicar unha perspectiva de xénero feminista na planificación urbanística. Páxina 3 de

VALORACIÓNS DA XORNADA: 

María Chao calificou a experiencia como “única e moi enriquecedora. Unha grande oportunidade para compartir experiencias dende os distintos concellos de Europa e comprobar que, no básico, temos os mesmos problemas e preocupacións. Unha ocasión única para aprender xuntas”. 

Do mesmo xeito, a eurodeputada Lídia Senra destacou a importancia de poder debater e analizar durante dúas xornadas cuestións fundamentais para a esquerda europea como son as políticas de vivenda, o actual ataque aos dereitos humanos e sociais e o auxe da extrema dereita. “Creo que xornadas como estas son fundamentais porque nos permiten coñecernos e poñer en común as nosas loitas para defender dereitos tan básicos como o acceso á vivenda. Constatamos tamén que nos distintos Estados se están mudando as políticas para favorecer o negocio da vivenda en detrimento das persoas, provocando que aumenten cada vez más as persoas sen teito e as dificultades para pagar os alugueiros. Compartimos a necesidade de avanzar en políticas públicas que garantan o acceso á vivenda a todas as persoas mediante a construción de vivenda pública e social e regulación dos prezos dos alugueiros. Garantir que se poña fin á especulación da vivenda e prestando atención especial nas cidades con moita presenza do turismo.” 

As Pontes, 11 de febreiro de 2019

Máis información en www.xuntosporaspontes.com 

También podría gustarte
Comentarios