PRIMEIRA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS 22 – CR CORETI LALÍN 27

Gran partido do Fendetestas ante o mellor equipo da Liguiña

O Fendetestas pontés de rugbi estreouse este domingo á tarde no Campo artificial do Poboado cunha axustada derrota 22-27 ante o mellor equipo dos que disputan a liguiña do descenso, o Coreti Lalín.

Iso si, sacaron o punto do bonus defensivo por perder por menos de sete e a piques estiveron de lograr tamén o bonus ofensivo de catro ensaios, quedando a só un de conseguilo. 

A pesar de adiantarse os visitantes 0-5, os verdes deronlle a volta ó marcador ata poñelo 7-5 merced a un ensaio de Antonio e o lanzamento a paus de Senen. Replicaban os pontevedreses co 7-10, pero igualaba Robert 10-10 cun golpe de castigo.

Antes do descanso voltaba a apretar o Coreti poñéndose 10-17, pero respostaban os locais cun ensaio de Nathan e ao lanzamento a paus de Robert situando o 17-17 co que se chegou ó intermedio.

Xa no segundo período, cun ensaio de castigo, máis outro dos visitantes, situaban un complicado 17-27, que preto do final recurtou Andrés con outro ensaio que estableceu o 22-27 definitivo co que os verdes sumaron un punto. 

Quédalles recibir ó Pontevedra e visitar ós lalineneses. Xogaron Antón, Ansumana, Andrés, Nathan, Robert, Senen, Antonio, Marco, Miguel, Roberto Río, Asier, Óscar, Pablo Muíño, Pablo Otero, Víctor, e despois Roberto García, Alejandro, Diego e Xose.  

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios