A asociación pontesa Amigus, nominada ós premios anuais dos Usuarios de Internet
Hoxe saimos na prensa, eoeoeoeoeo!!! gracias ó corresponsal 😉
Lendo diariodeferrol.com:
“A asociación informática Amigus das Pontes está nominada ós premios anuais que concede a Asociación de Usuarios de Internet, na categoría de Periodista con maior contribución á difusión de Internet”.
Estes galardóns convócanse desde o ano 1997 para distinguir ás empresas e persoas que cos seus traballos, proxectos e actividades máis contribuiron á difusión e desenvolvemento de Internet en España.
Hai cinco categorías nos premios e calquera usuario pode participar neste proceso, que ten dúas fases. Na primeira, que rematará o 11 de xaneiro, escóllense os dez mellores de cada categoría -á mellor web española, á empresa que mellor teña integrado Internet no seu desenvolvemento estratéxico, ó periodista que aportara máis difusión sobre a rede, á mellor páxina persoal hispana e á mellor web activa adicada ó ocio e entretemento-. Na segunda fase, que finaliza o 3 de febreiro, elíxense os gañadores. Para votar unicamente hai que dirixirse á páxina da asociación Amigus, e premer no enlace indicado.”…
…”
Party
Tamén hai que lembrar que este colectivo Amigus celebrará os vindeiros 27 e 28 de decembro unha nova party. Nesta ocasión será na sala de exposicións do mercado vello e comezará ás dez da mañá do sábado para rematar ás oito do serán do domingo. Establécese unha tarifa de entrada de 15 euros para non socios e de 7 para socios e haberá que anotarse antes do día 19 deste mes.
Haberá tamén varios obradoiros sobre os programas Macromedia Flash, animación en 3D, Photoshop avanzado, edición de vídeo dixital, efectos especiais en vídeo e instalación e administración de sistemas Linux. Ademais, disputarase un torneo de Counter-Strike.”
Fonte: diariodeferrol.com