Amigus
As Pontes

Xuntanza de EuroEume na Capela cos rexedores dos nove concellos implicados

Lendo diariodeferrol.com:
“Os alcaldes dos nove concellos que participan no grupo de acción local EuroEume reuniranse esta tarde, na Casa da Cultura da Capela, para participar nunha sesión da xunta directiva da entidade, aínda que só catro deles forman parte deste organismo.”…


…”EuroEume abordará o interese dos concellos por varias actuacións, especialmente en materia formativa. A directiva do grupo de acción local apunta que agás en dous concellos, Pontedeume e As Pontes, non existen módulos de formación ocupacional ou obradoiros que permitan a aprendizaxe dunha profesión, e polo tanto, maiores posibilidades de acceso a un posto de traballo.
Esta xunta directiva comezará ás sete da tarde e servirá para dar conta dos trámites e xestións realizados no marco do Leader Plus. Así mesmo, está pendente nomear un vicepresidente desta entidade, xa que se pretende que ocupe este cargo un dos nove alcaldes.”
Fonte: diariodeferrol.com

También podría gustarte
Comentarios