Amigus
As Pontes

O Museo do Prado prorroga un mes a exposición de Manet

Lendo elmundo.es:
“O Museo do Prado anunciou que a exposición adicada ó pintor francés Eduard Manet premanecerá aberta ata o vindeiro 8 de febreiro, un mes máis do previsto, debido á gran acollida que lle deu o público a esta mostra.
A dirección da pinacoteca informou que a prórroga foi posible gracias á xenerosidade das principais institucións propietarias das obras, entre elas o Metropolitan de Nova Yorke, a National Gallery de Washington e o Museo d’Orsay de París.”…


…”A exposición é a primeira que se organiza en España sobre o artista galo e constitúe a maior retrospectiva dende as organizadas en París e Nova Yorke en 1983.
O Prado inaugurouna o pasado 14 de outubro e estaba prevista a súa clausura para o 11 de xaneiro. Ata hoxe visitárana 218.837 persoas.
Coincidindo coa ampliación da apertura, o museo ofrecerá a partires deste sábado a posibilidade de asistir a unhas charlas explicativas sobre as obras exhibidas de Manet, que terán lugar tódolos martes e sábados (excepto festivos) ás 11:30 horas.”
Fonte: elmundo.es

También podría gustarte
Comentarios