Aínda non están a coller auga do Eume, pero as choivas recollidas no mes de xaneiro xa apozaron no fondo. Entre Mouros e Illade pódese ver esta imaxe con dúas pequenas lagoas onde ata hai pouco aínda había xente traballando. Dende a autovía AG-64 tamén se pode ver auga no fondo da mina, pero as vistas dende a beira sur son máis escasas por mor da vexetación e as naves.

Na imaxe de satélite vense resaltadas as zonas anagadas.

Cortesía: Daniel Formoso